29
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinou cos alcaldes destes municipios os convenios para delegar a execución das obras da Deputación. Trátase do último paso administrativo antes da licitación das obras, que o ente provincial prevé adxudicar este mesmo outono. A Vía Verde conectará os 36,5 quilómetros que separan Santiago e Cerceda cun itinerario para camiñar ou andar en bici que discorrerá sobre as antigas vías do ferrocarril.