Ordes | Supervisadas as obras de renovación das beirarrúas no polígono de Merelle

1 minutes read

As obras consistiron no acondicionamento de 3.185 m2 diferenciándose 2.860 m2 para o tráfico peonil, que se pavimentaron con 10 cm de formigón en pavimento sobre unha capa de zahorra de 10 cm de espesor e 325 m2 nas entradas das naves nos que o pavimento foi reforzado pola necesidade de soportar o peso de vehículos. Neste caso empregouse 20 cm de formigón en pavimento sobre 10 cm de zahorra.

Baixo as beirarrúas colocáronse 845 metros de tubo de polipropileno verde para a canalización soterrada do alumeado público e 23 arquetas, así como 53 metros de canalización eléctrica en baixa tensión con tubos de polietileno corrugado de dobre parede e unha arqueta. Completaron a obra coa instalación de 3 arquetas con sumidoiro, a reposición da sinalización horizontal do viario local do polígono e coa adaptación dos pozos e arquetas existentes á nova rasante.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Ordes, José Luis Martínez, supervisaron o resultado das obras de renovación das beirarrúas no polígono industrial de Merelle que contaron cunha axuda da Xunta de 120.000 euros e un investimento total de 150.000 euros en colaboración co concello.