Organizan un curso de “técnicas eficaces de coaching” en Carballo

1 minutes read
  • Aberto ata o día 18 o prazo de inscrición para esta nova acción formativa, que terá 24 horas de duración e comezará en outubro.

Esta nova acción formativa, especialmente enfocada cara o sector empresarial, articúlase en tres bloques. No primeiro darase a coñecer o coaching, as posibilidades que nos ofrece e cando podemos utilizalo ou non; o segundo tratará a integración do coaching na nosa actividade e na importancia dunha boa comunicación e da responsabilidade empresarial, e no terceiro centrarase no cambio de perspectiva que implica. Todo iso en sesións de traballo grupais e individuais. O curso de Técnicas eficaces de coaching arrincará o 1 de outubro e rematará o 24. Constará de 2 sesións semanais de 3 horas de duración que se desenvolverán na sede de Axober, na rúa Fomento 21-23 – 1º andar.