Oriol Junqueras tende unha man ao diálogo. O exvicepresidente de Cataluña e os ‘exconsellers’ independentistas presos compareceron este martes no parlament catalán ante a comisión de investigación sobre a aplicación, en 2017, do artigo 155 da Constitución que anula a autonomía de Cataluña. Foron recibidos con aplausos e berros de liberdade mentres no exterior os antidisturbios blindaron os arredores da cámara, onde se convocou unha manifestación en apoio aos presos.
Junqueras, condenado a 13 anos por sedición e malversación, mostrouse entusiasmado pola mesa de diálogo co Goberno de coalición en España e dixo que non condicionarán nunca o diálogo porque estean no cárcere. «Non nos dá ningún medo falar, non nos dá ningún medo contrastar as nosas opinións, por tanto, todo o entusiasmo. Ao mesmo tempo tamén este entusiasmo é compatible co escepticismo que se deriva da experiencia histórica. E é que por desgraza o partido socialista moitas veces defraudou as esperanzas desta sociedade, deste país, etc», dixo Junqueras.
42