Fíxoo este sábado a domicilio no pavillón Sofia Toro ante o CB Cambre. A pesar dos descoidos defensivos iniciais, e mercé a un bo traballo colectivo no rebote defensivo o equipo carballés que dirixe Basi Pampín conseguiu canastras en situacións de contraataque e transición.
Durante o primeiro cuarto tiveron dificultades no xogo de 5c5. Ao termo do mesmo parcial de 5-19 a favor que non tivo o efecto positivo desexado. Durante o segundo cuarto os locais foron mellores en todos os aspectos do xogo e igualaron o marcador. Cometía moitos fallos defensivos o conxunto do Xiria permitindo anotar sen oposición, non rotaban nas axudas e moitas dificultades na defensa ao lado de axuda; permitía así que os cambreses movesen o balón con fluidez e atacasen aos carballeses puntos débiles tomando boas decisións.
En ataque anotaba o Xiria grazas ao seu mellor ritmo. Tras o descanso melloraron individualmente nas accións defensivas e na porcentaxe en canastras baixo aro dominando o rebote nos dous aros. Iso permitía aumentar a vantaxe e mellorar as sensacións individuais e colectivas no xogo. Durante o último período continuaron con esta boa técnica defensiva sendo xenerosos nos segundos esforzos; novamente o ritmo de contraataque permitía anotar con fluidez en tiros de alta porcentaxe. Vitoria do Ortodix Basket Xiria Artai que serve para recuperar sensacións competitivas, que serán aceno de identidade deste grupo.