Trinta barcos participan nunha peregrinación marítima desde Baiona ata Santiago de Compostela a través do III Roteiro Rías Baixas Isonor. As embarcacións, que partiron o luns de Baiona, chegarán este venres, ao redor das 18.00 horas, ao porto de Portosín.
Deste xeito, acumularán máis de 120 millas de navegación, nas que selaron a súa credencial do peregrino en cada porto. Por tanto, para obter a desexada Compostela, só lles restará completar a pé un último tramo do Camino a Santiago pola Ría de Muros Noia. Unha camiñada que acometerán o sábado 8 de xullo pola mañá, partindo desde Bertamiráns (Ames).
José Antonio Marcote, responsable de comunicación do Xeodestino Ría de Muros Noia e que será o encargado de recibir aos peregrinos á súa chegada, asegura que “é un pracer comprobar como este Roteiro converteuse nunha realidade que xa é imparable. Encaixa perfectamente coa idea de como entendemos nós a nosa ría, a nosa promoción e o noso traballo”. O presidente do RCN Portosín Jorge Arán, agradeceu formar parte deste proxecto.