42
Apenas hai coches circulando polas estradas galegas, e os accidentes de tráfico baixan cerca do 70 por cento dende que se decretou o estado de alarma o pasado 14 de marzo. Dende entón, nas estradas galegas só houbo unha vítima mortal. Na segunda quincena de marzo rexistráronse 165 accidentes de tráfico fronte aos case 500 do ano pasado. O número de feridos foi de 15.