Os aeroportos galegos ao bordo do caos polo temporal Fabien

1 minutes read

Xornada complicada a de este sábado no transporte aéreo en Galicia, moitos pasaxeiros iniciaban este sábado as súas vacacións de Nadal e o forte temporal fixo cambiar moitos dos seus plans.
Varios avións achegaronse ás pistas de aterraxe en aproximación, intentando descender e finalmente tiveron que retomar de novo o voo, tanto na Coruña como en Santiago e Vigo.


Os fortes refachos de vento causaron danos materiais nas instalacións de Lavacolla, caendo a marquesiña no acceso á zona de saídas da terminal, zona que permaneceu un tempo pechada.

O temporal provocou moitos atrasos nas saídas. A maioría partiu como mínimo entre corenta minutos e unha hora máis tarde do seu horario con destino Madrid, Barcelona, mesmo Londres ou ás illas Canarias.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?