Os agraciados na campaña de Nadal do CCA Carballo consumirán os seus premios este domingo

Este domingo, 28 de xaneiro, os dous premiados cos 1.000 € da campaña de Nadal do CCA Carballo consumirán os seus premios.

Mª Carmen Aldao Cuervo iniciará o percorrido polas tendas asociadas ás 11:00 e no prazo dunha hora deberá consumir os 1.000 euros

Antonio Becerra Castro, será o segundo en facer o percorrido e iniciarao ás 12:00 horas.

En ambos casos os premiados deberán respectar as bases da campaña. É dicir, ningunha das compras poderá ser igual, nin superior a 500 € en cada establecemento, debendo efectuar compras en polo menos cinco comercios asociados.

En todo momento os premiados estarán acompañados dunha persoa representante do CCA Carballo que dará fé do cumprimento das condicións establecidas.

Se pasada a hora non fosen quen de consumir todo o premio a parte non consumida perderá o seu valor.

Para facilitar os desprazamentos, o CCA Carballo pon a disposición dos gañadores un vehículo clásico con conductor (Cadillac Deville).

Este transporte recollerá e retornará aos gañadores á rúa Colón con Praza do Concello.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha