Os alcaldes do Xistral rexeitan a prohibición da caza do lobo

Imaxe dun lobo_PIXABAY

Os concellos da serra do Xistral piden que se recoñeza a gandería que se practica no monte como unha actividade económica e patrimonial que debe ser protexida. Os nove alcaldes piden que se implementen instrumentos xurídicos e orzamentarios que permitan garantir a viabilidade económica das explotacións e o mantemento da actividade para o futuro.

Os concellos afectados expresan así a súa oposición ao proxecto do Goberno central para prohibir a caza do lobo en todo o Estado e lembran a importancia etnográfica e cultural da gandería no Xistral, que cualifican de ancestral e clave na economía da comarca e que, aseguran, estaría en risco de aprobarse o proxecto. Lembran que o pasado ano se produciron na zona máis de 1.000 ataques do lobo.