Os alfombristas de Miño brillan virtualmente no ‘Congreso de Alfombrismo Toquio 2020’

1 minutes read
  • A cita tivo que ser suspendida pola crise sanitaria da COVID-19

Os alfombristas da Asociación Andahío de Perbes, Miño, achegaron o seu gran de area no ‘Congreso de Alfombrismo e Arte Efémera Toquio 2020’, cita que tivo que ser suspendida pola crise sanitaria provocada polo coronavirus. Ademais, estaba prevista a participación doutros 20 alfombristas.

Así, a Comisión de Proxectos da Coordinadora Internacional creou un proxecto virtual no que participaron tamén desde a Asociación de Alfombristas de Andahío. Baixo a designación de ‘Soñando Toquio’, as mans destes artistas de Ponteareas, Bueu, Ames, Cela, Rianxo, Burela, Redondela, Cerponzóns e tamén de Miño, participaron nesta iniciativa telemática.

‘Queremos agradecer a Yasuhiko Fujikawa, presidente do Comité Organizador, a oportunidade de deixarnos un oco neste evento de relevancia internacional aínda que fose a través do vídeo. O noso ánimo está co pobo nipón, xa que foi un dos principais lugares de afectación do virus. Esperamos vernos en 2021 pero o importante agora é superar esta crise sanitaria’, destacan desde a Federación Galega de Alfombristas.