Os aliados prometen miles de millóns de axuda adicional a Ucraína

Reino Unido, Estados Unidos, a Unión Europea e outros países prometeron este mércores miles de millóns de dólares en axuda adicional a Ucraína na Segunda Conferencia de recuperación de Ucraína (URC 2023). No encontro, celebrado en Londres, Kiev insistiu en que necesitaba máis capital e compromisos con proxectos específicos, non só para recuperarse tras o conflito, senón para converterse nun poderoso membro do mundo occidental.

O primeiro ministro de Reino Unido, Risih Sunak, desvelou medidas que inclúen 3.000 millóns de dólares adicionais para desbloquear os préstamos do Banco Mundial. A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, dixo que a Unión Europea proporcionaría a Ucraína 50.000 millóns de euros para 2024-27, e o Secretario de Estado estadounidense, Antony Blinken, ofreceu 1.300 millóns de dólares en axuda adicional.

O primeiro ministro ucraíno, Denys Shmyhal, asegurou que esperaba conseguir case 7.000 millóns de dólares en axuda, e que a guerra supoñía o maior proxecto de reconstrución en Europa desde a Segunda Guerra Mundial.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha