Os alumnos da USC demostran que o campus virtual é vulnerable


Sen clases presenciais, os alumnos cuestionan a posibilidade de facer os exames virtuais, deste xeito, os da Universidade de Santiago de Compostela puxeron a proba o sistema.

O cancelo #AsíNonUSC foi trending topic. Os alumnos querían demostrar que o campus virtual non está preparado para soportar unha sobrecarga de estudantes conectados, e así o constataron co bloqueo e a caída do sistema.

Os estudantado afirma que esa non foi a única caída “xa leva caendo varios días sen que nos conectemos todos en masa. Somos máis de 25.000 estudantes da USC e no período de exames é imposible que o campus soporte ese tránsito”, afirman.