- Por motivos de seguridade, non se celebraron actuacións nin degustacións de comida
O Entroido instalouse con moita ilusión nas escolas galegas e entre os máis pequenos, e unha mostra disto son as diferentes imaxes de alumnos que se animaron a celebrar esta festividade baixo estritas medidas sanitarias. Este foi o caso dos rapaces e rapazas de Infantil e Primaria do CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo, no concello de Cee.
Para evitar aglomeracións e velar pola seguridade de todos, non se levou a cabo o tradicional festival con actuacións en aberto para ás familias nin tampouco a degustación de pratos típicos do Entroido. Aínda así, os xogos e as risas estiveron garantizados.
Ademais, con motivo do Ano Xacobeo, o colexio converteuse nun Campus Stellae ata onde chegaron peregrinos de todas as partes do mundo como Escocia, India ou China.