- No monte da Covadiña de Brañas Verdes (Aldea Madeira) xa se iniciaron as tarefas de limpeza e roza
O alumnado do obradoiro dual ‘Camiño ao emprego’, promovido polos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo, comezou a traballar na vila do encaixe. En concreto, os participantes da modalidade ‘actividades auxiliares en conservación e mellora de montes’ iniciaron as tarefas de roza, limpeza e poda no monte Covadiña de Brañas Verdes (Aldea Madeira), en Camariñas.
Por outra banda, a especialidade de turismo traballa no deseño e execución de “A muller, o encaixe e o mar”, unha visita guiada que poñerá en valor todo o relativo aos oficios desenvolvidos polas mulleres no concello camariñán. Esta visita realizarase como actividade dirixida na próxima Semana Santa, en concreto o luns 29 de marzo ás 11:00 horas, cumprindo cos protocolos Covid establecidos polas autoridades sanitarias. As persoas interesadas en participar deberán enviar un correo electrónico a turismo.caminoaoemprego@gmail.com.