Segundo os últimos datos, son xa 17 os usuarios de residencias de anciáns falecidos por coronavirus en Galicia, sete na residencia Domusvi San Lázaro de Santiago. Nas últimas horas tamén faleceron dous usuarios en senllas residencias da Coruña: o Fogar residencial de Bellolar e a residencia do Portázgo. Nesta última, ademais, duplicouse nas últimas horas o número de positivos: 27 entre usuarios e traballadores. Pero a residencia onde se concentra un maior número de casos segue sendo a DomusVi Barreiro de Vigo, 85 en total, e un usuario falecido. En conxunto, en Galicia, segundo os datos máis recentes, hai 237 maiores e 77 coidadores contaxiados. Os partidos da oposición instan á Xunta a tomar medidas contundentes canto antes nestes grupos de risco.
39