A parroquia carballesa de Noicela celebrará o sábado 17 de xaneiro a festa de San Antón Abade. Por cuarto ano consecutivo está previsto realizar durante a misa, que terá lugar ás 12.30 horas do mediodía, a bendición das mascotas chegadas desde toda a zona. O acto é aberto. Ademáis segundo indican dende a organización, este ano tampouco haberá pirotecnia para non molestar aos animais.
Santa María de Noicela é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Carballo, na comarca de Bergantiños. Segundo o último IGE de 2019, ten 413 habitantes (211 mulleres e 202 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 508 habitantes.
A igrexa de Santa María de Noicela é de estilo barroco. O templo, dunha soa nave, presenta campanario lateral e motivos ornamentais na fachada.
Lugares da parroquia de Noicela no concello de Carballo:
A Algara | Borrazás | O Campo | Casadelas | A Casanova | Feixe | A Guelra | A Imende | As Infantas | Nandufe | Noicela de Abaixo | Noicela de Arriba | A Pedra do Sal | A Pereira | A Perucha | O Rapadoiro | As Saíñas | A Vespilleira | Xenarde

Cartel da celebración.