Os animais serán protagonistas no San Antón Abade da parroquia carballesa de Noicela

1 minutes read

A parroquia carballesa de Noicela celebra este mércores 17 de xaneiro a festa de San Antón Abade. Por segundo ano consecutivo está previsto realizar durante a misa, que terá lugar ás 12.00 do mediodía, a bendición das mascotas chegadas desde toda a zona. O acto é aberto. Ademáis segundo indican dende a organización, este ano non haberá pirotecnia para non molestar aos animais. O Concello de Carballo colaborará coa causa entregando unha badana reflectante para cada mascota.

Santa María de Noicela é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 413 habitantes (211 mulleres e 202 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 508 habitantes.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?