Os antivacinas volven manifestarse en Francia


Os antivacinas franceses resisten. Volveron protestar por décima fin de semana consecutiva contra o pase sanitario. A protesta chega despois de que Sanidade suspendese esta semana a 3.000 profesionais sanitarios que non se vacinou contra a Covid-19, tras a entrada en vigor o mércores da vacinación obrigatoria.

“Non me vacinei, nin en soños, e dimitín” da función pública, declarou unha auxiliar de enfermería con bata branca, nunha manifestación convocada polos “chalecos amarelos” en París. “A vacina, non estamos seguros do que contén, non somos coellos de indias”, dixo a muller de 37 anos, “enfadada e triste”, dando só o seu nome de pila, Hager.

Dos case 58 millóns de franceses con idade de vacinarse, o 86% xa recibiu polo menos unha inxección.