Os apartamentos tutelados de Antas de Ulla converteranse nunha residencia de 58 prazas

0 minutes read

Nos vindeiros días publicarase a licitación para a contratación das obras de reforma nos actuais apartamentos tutelados de Antas de Ulla para a creación dunha residencia de 58 prazas. Trátase dunha actuación na que o Goberno galego investirá 1,8 millóns de euros.

Este procedemento determina os requisitos técnicos que deberán asumir as empresas interesadas. Nestes momentos o centro, de titularidade autonómica, conta con 16 prazas para a atención de persoas maiores. Con estas obras preténdese ampliar a súa capacidade, habilitando a parte superior do edificio, para convertelo así nunha residencia.