Os árbitros dispoñen dunha aplicación para practicar co VAR


Os árbitros prepáranse en tódalas facetas posibles para a volta do fútbol. A Liga completarase con VAR, e os colexiados dispoñen dunha plataforma que simula a súa aplicación.

“Trátase dunha ferramenta moi útil. Non é o mesmo que estar no VOR, pero aproxímase bastante á realidade que vivimos habitualmente no VOR”, explicou o galego Iglesias Villanueva.