Os areais carballeses contarán con actividades nocturnas na beira do mar


Sábado 13 I Programa “Eu quero Razo-Baldaio” 

  • Ruta nocturna 
  • De 22.30 a 01.30 horas           
  • Saída do Espazo da natureza de Oza 

    Andaina guiada pola Asociación Ambiental Senda Nova que terá como marco a paisaxe nocturna da costa dende o Monte Neme e o achegamento básico a elementos nocturnos como as estrelas ou os anfibios, e mesmo a tradicións asociadas tamén á noite como as asociadas á Eira das Meigas. As prazas están completas.  

     Sábado 13 I Proxecto “Naufraxios na Costa da Morte”
  • Teatro 
  • 23.00 horas                
  • Praia de Razo 

O proxecto “Naufraxios na Costa da Morte”, impulsado pola Deputación da Coruña, chega á praia de Razo. A compañía costeira aAntena, que leva dende 2016 facendo representacións en lugares singulares da nosa comarca. segue apostando pola posta en valor do noso patrimonio invisible, recuperando tradicións, e contando pequenas historias sobre a nosa historia vencellada ao mar e aos naufraxios. 

Autor: Bernardino Martínez
Director: Xosé Leis
Elenco: Alicia Baña, Andrea Rodríguez, Berni Martínez e Antonio Miranda
Música en directo: Klaus Martínez 

+ info e inscricións: https://www.aantenasc.com/about-1  

Mércores 17 I Programa “Verán Cultural” 

  • Noites de Cine 
  • 22.00 horas 
  • Pedra do Sal (Lema) 

    En Jumanji: seguinte nivel, os xogadores volven ao xogo, pero os seus personaxes intercambiáronse entre si, o que ofrece un curioso cadro de persoal: os mesmos heroes con distinta aparencia. Pero, onde está o resto da xente? Os participantes só teñen unha opción: xogar unha vez máis a esta perigosa partida para descubrir que é realmente o que está a suceder. Recomendada para maiores de 7 anos. 

    Colabora a Asociación Cultural O Castro de Lema. 

     

Sábado 13 I Programa “eu quero Razo-Baldaio” 

  • Noite de astronomía 
  • 22.30 a 01.30 horas   
  • Ponte de Baldaio 

Unha das novidades deste ano no programa “eu quero Razo-Baldaio” é esta noite de astronomía da que gozaremos coa colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa IO. A gran aceptación que tivo a proposta obrigounos a triplicar o número de prazas. Deste xeito serán moitas máis as persoas que poderán desfrutar da observación do ceo e recibir as nocións básicas de astronomía.