Sábado 13 I Programa «Eu quero Razo-Baldaio»
- Ruta nocturna
- De 22.30 a 01.30 horas
- Saída do Espazo da natureza de Oza
Andaina guiada pola Asociación Ambiental Senda Nova que terá como marco a paisaxe nocturna da costa dende o Monte Neme e o achegamento básico a elementos nocturnos como as estrelas ou os anfibios, e mesmo a tradicións asociadas tamén á noite como as asociadas á Eira das Meigas. As prazas están completas.
Sábado 13 I Proxecto «Naufraxios na Costa da Morte» - Teatro
- 23.00 horas
- Praia de Razo
O proxecto «Naufraxios na Costa da Morte», impulsado pola Deputación da Coruña, chega á praia de Razo. A compañía costeira aAntena, que leva dende 2016 facendo representacións en lugares singulares da nosa comarca. segue apostando pola posta en valor do noso patrimonio invisible, recuperando tradicións, e contando pequenas historias sobre a nosa historia vencellada ao mar e aos naufraxios.
Autor: Bernardino Martínez
Director: Xosé Leis
Elenco: Alicia Baña, Andrea Rodríguez, Berni Martínez e Antonio Miranda
Música en directo: Klaus Martínez
+ info e inscricións: https://www.aantenasc.com/about-1
Mércores 17 I Programa «Verán Cultural»
- Noites de Cine
- 22.00 horas
- Pedra do Sal (Lema)
En Jumanji: seguinte nivel, os xogadores volven ao xogo, pero os seus personaxes intercambiáronse entre si, o que ofrece un curioso cadro de persoal: os mesmos heroes con distinta aparencia. Pero, onde está o resto da xente? Os participantes só teñen unha opción: xogar unha vez máis a esta perigosa partida para descubrir que é realmente o que está a suceder. Recomendada para maiores de 7 anos.
Colabora a Asociación Cultural O Castro de Lema.
Sábado 13 I Programa «eu quero Razo-Baldaio»
- Noite de astronomía
- 22.30 a 01.30 horas
- Ponte de Baldaio
Unha das novidades deste ano no programa «eu quero Razo-Baldaio» é esta noite de astronomía da que gozaremos coa colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa IO. A gran aceptación que tivo a proposta obrigounos a triplicar o número de prazas. Deste xeito serán moitas máis as persoas que poderán desfrutar da observación do ceo e recibir as nocións básicas de astronomía.