32
Os areais carballeses xa contan coas bandeiras azuis ondeando nas praias de Pedra do Sal, Baldaio-Saíñas e Razo. Pero este ano, ademais das bandeiras azuis, do sendeiro azul e da bandeira EMAS, tamén foi colocada en Razo a bandeira do orgullo. Nos izados participaron o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales; o coordinador de Proteccion Civil Carballo, Javier Souto; o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Juan Barca, e os/as socorristas.
