O propio Feijóo tivo que acabar admitindo que os anuncios preelectorais de investimentos de Pemex en Galicia non dependían da Xunta; dependían da empresa daquela dirixida polos directivos aos que as novas autoridades mexicanas investigan agora por presunta corrupción.
Emilio Lozoya, «prófugo da xustiza», é sinalado como presunto receptor de subornos nun dos maiores casos de corrupción de América Latina.
México vincula dous ex-directivos de Pemex que sentaron no consello de Barreras nos casos Fertinal e Agro Nitrogenados, dúas factorías que a petroleira mercou con grandes sobrecustos, segundo as pescudas.
López Obrador, presidente de México: «Estamos revisando contratos de empresas que se teñen en España, con estaleiros españois, onde non había un trato xusto para Pemex».