Os-as atletas da A.D. Fogar, de Carballo e Oleiros, seguen a sumar bos resultados en Pista Curta

A pasada fin de semana sete d@s atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte en dúas das probas do calendario galego de atletismo. O sábado 21 de febreiro, Rosalía Cid da categoría sub 10 e Marcoas García, Ángel Mira e Rafael García da sub 12 participaron en Ourense no Meeting para Categorías de Base en Pista Curta. Na cuberta da Expourense Rosalía Cid foi 19ª nos 50 m.l., e Ángel Mira, Marcos García e Rafael García remataron 49º, 51º e 78º na proba dos 500 m.l.
O domingo 22 de febreiro con motivo da disputa do Campionato Galego sub 16 en Pista Curta celebrado tamén na Expourense, Hugo Tuñas foi 5º na proba dos 3000 m.l. e Iago Bello rematou 14º nos 1000 m.l. Hugo Tuñas acreditou nos 3000 unha mellor marca persoal de 9’45»13 coa que bateu o mellor rexistro de 14 anos do club Fogar.

Related posts

Balonmán | O Calvo Xiria desprázase a Pontevedra para enfrontarse ao Lirón Teucro

O Salvamento Acuático Laracha proclámase Campión Galego Infantil e bate un récord galego histórico

12 medallas e 10 récords do club para os nadadores e as nadadoras da A.D. Fogar en Cervo