O Boletín Oficial da Provincia recolleu este martes as bases das axudas municipais aos autónomos e PEMES. Unha vez o BOP publique a convocatoria haberá un prazo para formalizar as solicitudes que deberán dirixirse ao departamento de promoción económica vía telemática con certificado electrónico ou por email no que deben figurar nome e apelidos, DNI, e número de teléfono. Xunto coa solicitude tamén debe adxuntarse escaneada a documentación solicitada. Todo enviarase a axudascovid@arteixo.org.
Para ser beneficiario da axuda debe de desenvolver a súa actividade no termo municipal de Arteixo e estar dado de alta no réxime da seguridade social ou mutua correspondente. As axudas, que beneficiarán a uns 700 afectados pola crise, oscilarán entre os 1800 e os 3000 euros. A corporación municipal aprobou por unanimidade estas bases a semana pasada.