Arredor de cinco mil autómos saíron este domingo á rúa en Madrid para pedir as mesmas prestacións que teñen os asalariados. Reclamaron o dereito ao paro e a redución das cotas se non chegan ao salario mínimo interprofesional.
Ao berro de «Onde está a miña baixa laboral?» ou «Dereito ao paro real xa!», os asistentes corearon consignas a favor de cotas dignas, pola conciliación e a equiparación aos traballadores por conta allea, e repetiron que non son «heroes», ademais de manifestar a súa fartura por «tanto abuso», que priva a este colectivo da expectativa dunha xubilación digna.
Convocados pola Asociación AUPA, comerciantes, transportistas e sobre todo agricultores esixiron unha xubilación digna e facilidades para o pago do IVE.