Como xa fixeran o mes pasado, varias entidades bancarias volver adiantar en catro días o pagamento das pensións de maio. Normalmente, cóbranse o 25, pero dente este martes xa moitos pensionistas viron o ingreso feito nas súas contas.
Con esta medida preténdese aliviar a situación de precariedade pola que poidan estar pasando os fogares máis desfavorecidos. Tamén queren así evitar que haxa aglomeracións nas propias oficinas dos bancos, que poderían provocar o contaxio duns clientes, dos máis maiores, especialmente vulnerables ao virus.
De feito, as entidades recoméndanlles aos xubilados que non acudan só para comprobar que está feito o ingreso da pensión. Iso si, en caso de necesidade, as oficinas están abertas ao público.