Os barcos históricos do ‘Explotaterra’ atracan na Coruña


A xira de barcos históricos do proxecto europeo Exploraterra permanecerán na cidade ata o vindeiro 22 de maio. Trátase dunha iniciativa liderada pola Fundación Nao Victoria, financiada con Fondos Feder a través do programa Interreg V, que conta coa participación de varias institucións, co obxectivo de por en valor e promover o coñecemento do patrimonio cultural e histórico asociado ás viaxes de descubrimento. A xira Exploraterra 2022 estará representada, nesta ocasión, polas réplicas do Galeón Andalucía e da Nao Victoria. O público terá así a oportunidade de visitar de balde ambos os dous navíos. O horario de apertura ao público é de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas.