Os bens do Pazo de Meirás quedan baixo custodia pública

Pazo de Meirás

O maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia número 70 de Madrid acordou que os 564 bens que permanecían no Pazo de Meirás e que o Estado reclama permanezan de momento alí en depósito ata que o preito que mantén a Administración coa familia Franco finalice. Tales bens poden pertencer ao Patrimonio Nacional. O xuíz considera que darllos á familia Franco “implicaría un claro perigo de perda ou desaparición”, mesmo se se cre “que non está na vontade” dos herdeiros o “proceder ao alleamento inmediato dos bens”.