Os bens que figuran no inventario do concello de Carballo superan os 276 millóns de euros

  • A actualización do inventario será unha das cuestións que se abordarán no pleno, así coma o sorteo das mesas electorais para o 26 de maio

O luns 29 de abril celébrase o último pleno ordinario deste mandato. A sesión, en plena resaca das eleccións xerais, comezará precisamente co sorteo para a selección dos compoñentes das mesas para as eleccións municipais e europeas do 26 de maio. Pero na orde do día figuran outros moitos asuntos que explicou esta mesma mañá en rolda de prensa o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Unha vez superados os dous meses de exposición pública, a modificación puntual número 3 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) será aprobada de maneira provisional.

O luns tamén será aprobada a actualización do inventario municipal de bens. A 31 de decembro do 2018 os bens acadaban un valor de 276.193.697,60 euros. Ferrero explicou que se produciron baixas por valor de 66.000 euros e altas por importe de 384.000, ademais de variacións nos valores de bens inmobles, sobre todo, por máis de catro millóns de euros.

Tamén se someterá a debate o recoñecemento de pagos pendentes de exercicios anteriores para, como explicou Evencio Ferrero, “deixar todo pechado antes das eleccións”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha