Os Bolechas e a Porta dos Camiños é un espectáculo teatral no que Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia e Tatá coñecerán a Haker Mater, un programador informático que está poñendo a punto a Porta dos Camiños, unha máquina que lles axuda a elixir un dos moitos Camiños de Santiago ás persoas que queren peregrinar e non saben por que vía facelo. O que pasa é que a máquina leva 11 anos sen funcionar e parece que precisa algúns arranxos. Coa axuda do público, Os Bolechas conseguirán arranxala e tamén aprenderán unha chea de cousas sobre as principais vías de peregrinación.
O espectáculo será o sábado 21 de novembro a partir das 17:30 horas na Casa da Cultura da Laracha. O acceso será gratuíto ata completar a capacidade máxima da sala, coa limitación dun único adulto acompañando a cada neno. O público deberá levar máscara durante toda a duración do evento.
Esta iniciativa é organizada polo Concello da Laracha e a Xunta de Galicia a través da Rede de Dinamización Lingüística e dentro do programa FalaRedes.