Ponteceso quere ser un referente na promoción da lectura coa inauguración da biblioteca dixital. Igual que son referentes na promoción da vida saudable e a cultura con tres fundacións como Eduardo Pondal, Ricardo Pérez y Verdes e Torre Pujales con sedes cheas de eventos e implicación social, agora queren ser o Concello que máis se abona en todas as idades, e para todas as persoas, á biblioteca dixital de forma sinxela e adaptada.
Para iso os activistas este martes de 18.00 a 20.00 horas da tarde, van ser os irmáns e irmás Bolechas co seu can Chispa. Tamén contaremos coa presenza da subdelegada do Goberno María Rivas, que presentará a plataforma eBiblio do ministerio de Cutlura, cun axente lector dixital na biblioteca do Concello de Ponteceso. A plataforma dá acceso directo a milleiros de libros e revistas en castelán e algúns títulos en galego. Calquera neno ou nena que traia unha tableta ou libro electrónico, vai marchar con ata sete libros infantís e xuvenís emprestados no seu dispositivo, así como revistas actuais e anteriores na hemeroteca.
«Imos prestar un libro electrónico ás persoas vulnerables que non poidan acceder a mercar o seu propio dispositivo. Todas as persoas van ter acceso á lectura en dixital, e dende o Concello imos impulsar o acceso universal», indicou o alcalde, Xosé Lois García. Entre os títulos que se poderán levar prestados este martes nos dispositivos electrónicos están estes once títulos dos Bolechas:
- Os hábitats
- Os deportes
- Florencio Delgado Gurriarán.
- Xela Arias
- Castelao
- Os Bolechas coidan as mascotas da vecina.
- Ramón Otero Pedraio.
- Rosalía de Castro.
- A música.
- Os Bolechas van nunha nave espacial.
- Como nacemos.
- Autor: Pepe Carreiro.
«Animamos ás familias a que traian os seus libros dos Bolechas, ou a súa tableta ou libro electrónico, porque poderanse retratar cos seus personaxes favoritos durante dúas horas, na biblioteca de Ponteceso. Ademais do préstamo tradicional, temos que abrir a xanela do préstamo en liña para que aumenten as opcións para todas as veciñas e veciños de Ponteceso, e que tamén avance o libro galego, que actualmente ten menos títulos en electrónico.»
Programa
18.00 horas será a inauguración da biblioteca dixital, coa subdelegada de Goberno, con María Rivas e o Alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, explicaran de forma intuitiva o uso da app eBiblio de Android e Iphone así como un libro electrónico para descargar un libro en préstamo.
18.00 – 20.00 horas . Durante dúas horas, os Bolechas retrataranse e interactuarán cos nenos e nenas de todas as idades presentes. O Concello de Ponteceso facilitará a alta de todos os usuarios e usuarias que veñan esa tarde, que poderán levar xa 7 libros ou revistas no seu dispositivo, de entre a seguinte oferta: 8407 libros electrónicos, 686 audiolibros,169 títulos de revistas de quiosco actuais e os centos de números anteriores, da súa hemeroteca.