Os Bolechas presentaron o libro “Igualiñas, Igualiños na Laracha”

1 minutes read
  • A actividade máis novidosa do programa municipal para festexar as Letras Galegas desenvolveuse na tarde do pasado domingo e tivo por protagonistas a Os Bolechas.

O Concello da Laracha editou o libro Os Bolechas, igualiñas, igualiños na Laracha que as propias personaxes infantís presentaron na Casa da Cultura da Laracha e agasallaron cun exemplar a todos os nenos asistentes.

No libro pódense ver a Os Bolechas en diferentes lugares do termo municipal da Laracha como a Praza do Concello, o paseo marítimo e o porto de Caión, a área recreativa de Gabenlle, o paseo fluvial do río Anllóns e o centro de interpretación dos muíños de auga da Costa da Morte en Golmar. A publicación, que está dispoñible nas bibliotecas, centros educativos e no centro de información ás mulleres (CIM), é unha ferramenta útil tanto para a comunidade educativa como para as nais e pais ao tratar sentimentos como a emoción, a resolución de conflitos, relacións entre iguais e tolerancia.

Trala presentación do libro, realizáronse pasarrúas e actividades ao aire libre, na explanada fronte á biblioteca da Laracha e na praza O Recreo, onde os nenos tiveron ocasión de interactuar con Os Bolechas.

Esta iniciativa desenvolveuse coa colaboración da Secretaría de Estado de Igualdad en el marco del Pacto de Estado contra la violencia de género.