29
- A actuación estaba prevista para o mes de outubro pero tivera que ser suspendida
Xa hai nova data para poder desfrutar dos Bolechas e o ‘Camiño Marciano’ en Muxía. Esta coñecida familia visitará a vila da Barca este venres, 19, despois de ter que suspender a súa actuación o pasado mes de outubro.
Desta vez a función terá lugar no salón de actos do voluntariado a partir das 18:00 horas. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse chamando ao 981 742 001.
Esta actividade, enmarcada na programación ‘Muxía Outono Cultural’, está incluída dentro proxecto Lingua Galega da Xunta.