19
- A alerta activouse no 112 Galicia ás 9:30 horas deste luns
Este luns os bombeiros de Ferrol tiveron que acudir ao rescate dun home que caera sobre unha mesa de cristal dentro do seu domicilio.
A alerta activouse no 112 Galicia ás 9:30 horas desta mañá a través dos equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiñan unha dotación na Avenida de Vigo, en Ferrol, para asistir ao paciente. Sen embargo, foi necesaria a intervención dos bombeiros debido a que o home quedara atrapado polos restos do moble, cristais e ferro.
No operativo tamén colaborou a Policía Local.