O suceso produciuse na tarde desta sábado. O 112 Emerxencias Galicia alertaba ás 18:50 horas dun lume na parte alta dunha casa, no lugar da Torre, correspondente á parroquia carballesa de Sísamo. Ao punto foron mobilizados os bombeiros do parque de Carballo, quenes arrefriaron a cheminea afectada e controlaron a propagación do incendio. Os profesionais en emerxencias chaman á precaución, en ocasións as chemineas incéndianse por diversas razóns, aínda que a maioría delas adoitan ser ocasionadas por imprudencias: non se revisan ou limpan periodicamente, actúase con descoñecemento ou exceso de confianza, acéndense usando líquidos inflamables, métese demasiada leña creando grandes chamas ou non se vixían as faíscas que provocan. Para previr os incendios na cheminea é necesario coñecer algunhas regras de seguridade básicas, cómo revisar periodicamente o conduto para non obstruir a saída do fume, en moitos casos debe facerse por parte dun profesional. Unha das partes a ter en perfecto estado atópase unida á parte máis alta do conduto. A súa función é garantir que ningún animal pequeno ou residuo caia polo oco. Se esta se tapona ou se rompe, non poderá saír o fume e a acumulación de calor podería terminar provocando un incendio.
39