Os bombeiros anulan a reactivación dun lume no barrio de San Cristovo en Carballo

0 minutes read

Os bombeiros do parque Provincial de Carballo participaron ao redor das 16:45 horas deste martes nun operativo destinado a evitar a reactivación dunha lumarada de San Xoán no barrio de San Cristovo, nas proximidades da residencia de maiores. Ante o risco de que o lume se propagase de novo entre os restos da queima o operativo consistiu na total extinción das chamas e no arrefriamento do espazo. Completou o operativo Protección Civil de Carballo.