domingo, 10 mayo , 2026

Os Bombeiros da Coruña doan unha padiola para nenos/as do Materno

1 minutes read

A alcaldesa, Inés Rey, entregoulle este luns ao xerente da área Sanitaria Integrada da Coruña, Luís Verde, unha padiola en forma de camión de Bombeiros que, grazas ao persoal que traballa no parque da Grela, transportará ás nenas e aos nenos á zona cirúrxica do hospital Teresa Herrera. Esta novidade fará que as/os enfermas/os se esquezan de onde se atopan e que vaian á mesa de operacións máis relaxadas/os, ademais de substituír a frialdade propia dun centro sanitario por un elemento de entretemento e distracción. Tendo en conta que o factor psicolóxico axuda enormemente á pronta recuperación das e dos pacientes, os Bombeiros da Coruña doaron esta peza dentro dun conxunto de accións que realizan no Materno Infantil e que consisten en visitar aos nenos e nenas ingresadas e realizar actividades para axudarlles a pasar mellor a súa estancia no hospital.