Os Bombeiros da Coruña excarceran a unha muller despois de envorcar o turismo no que viaxaba

0 minutes read

Unha persoa tivo que ser excarcerada do turismo no que circulaba despois de que este envorcase na rúa de Javier López López, á altura do número 3, na Coruña.

Segundo informaron membros do 112 Galicia, os feitos sucederon ao fío das 21:15 horas deste pasado luns.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros da Coruña, axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil.