- Este elemento é o máis eficiente para eliminar todo tipo de microorganismos e servirá para limpar as estancias e os camións ao regreso de cada intervención
O Parque de Bombeiros adquiriu dous xeradores de ozono transportables para desinfectar as súas estancias, despachos e vehículos, que compartirán coa Policía Local e Protección Civil, xa que este elemento é o máis eficiente para acabar con todo tipo de microorganismos, segundo a OMS. A organización detalla que, con concentracións de ozono de 0,1-0,2 mg/l.min, conséguese unha inactivación do 99% de rotavirus e poliovirus, entre outros patóxenos estudados.
O canón de ozono recolle aire grazas á súa turbina, que o somete a unha descarga eléctrica. Unha parte das moléculas de osíxeno transfórmanse en ozono e condúcense á saída para que realicen a súa función. O tratamento de desinfección non se pode realizar en presenza de persoas.