Os Bombeiros de Arteixo axudan a evacuar un ciclista ferido tras caer nun monte en Cambre

0 minutes read

Os Bombeiros de Arteixo axudaron ao persoal sanitario a evacuar ao ciclista ferido, tras caer nunha pista forestal con dificultades de acceso para o vehículo sanitario.

Sucedeu sobre as 10:30 horas deste domingo. Foi a esa hora cando o persoal sanitario solicitaba colaboración ao 112 para auxiliar a un ciclista ferido no monte, en Cecebre, na localidade coruñesa de Cambre.

A partir de aí, o 112 Galicia informou aos Bombeiros de Arteixo, á Garda Civil e Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.