Os Bombeiros de Carballo evacúan por unha xanela a unha persoa ferida

1 minutes read

O CIAE 112 Emerxencias Galicia mobilizou este mércores, minutos antes das 7 da tarde, aos Bombeiros do Parque Comarcal de Bértoa. Urxencias Médicas 061 solicitou a súa colaboración para evacuar a unha persoa a través da fachada dun edificio situado na rúa Vila de Negreira. Unha vez no punto a médico presente indica que a persoa presenta posible fractura de cadeira e non é aconsellable baixala polas escaleiras do edificio. Unha vez valorada a situación, os Bombeiros decidiron evacuala a través da xanela da vivenda e baixala no porta-camillas do vehículo autoescada. Realizada esta operación, posteriormente, a persoa foi trasladada en ambulancia a un centro sanitario.