A alerta por lume activouse no 112 Emerxencias Galicia ás 21:20 horas deste venres por un incendio nunha vivenda, preto do lugar da Ponte Rosende, na parroquia de Ardaña. Acto seguido púxose en marcha un operativo no que participaron a Garda Civil, Policía Local e bombeiros de Carballo. O lume orixinouse nunha caldeira da calefacción, pero a rápida intervención dos bombeiros evitou que se propagase a outras zonas da vivenda.