Os Bombeiros de Carballo sufocan un incendio nunha vivenda en Tordoia

Cedida

  • Sucedeu arredor das 06:30 horas desta madrugada na parroquia de Anxeriz

Na madrugada deste venres foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Carballo na parroquia de Anxeriz, no concello de Tordoia, tras declararse un incendio no lugar do Ribeiro. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais xa que na vivenda non se atopaba ninguén.

A orixe do lume, que se inicio arredor das 06:30 horas, tivo lugar no garaxe. Este quedou calcinado case por completo e o fume tamén afectou ás plantas superiores.

A intervención dos Bombeiros rematou preto das dez da mañá, e no operativo tamén participaron a Garda Civil e o 061.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha