Os Bombeiros de Cee excarceran a un condutor atrapado tras saírse da vía

1 minutes read

Os servizos de emerxencias que acudiron ao punto, tras ser liberado, fixeron uso de material axeitado para evacuar ao ferido, que foi derivado nunha ambulancia ao centro hospitalario Virxe da Xunqueira de Cee.

Unha persoa particular foi quen deu aviso ao 112 Galicia. Informaba dun coche envorcado á altura do miradoiro de Ameixenda, na AC-550, quilómetro 6, no concello de Cee. Tras asegurarse, o alertador, volveu a contactar co 112 Galicia para comunicar que había unha persoa baixo o asento, que non podía saír.

De inmediato, desde o 112 Galicia ademais de pasar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, informouse aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. 

Unha vez no punto, os Bombeiros liberaron á persoa do interior do vehículo que foi trasladada en ambulancia polos profesionais sanitarios. 

Os Bombeiros, tras rematar a súa intervención, indicaron que o coche quedou apartado da calzada á espera da chegada dunha guindastre para a súa retirada.