Os Bombeiros de Cee rescatan a unha persoa maior que levaba horas tirada na súa vivenda

1 minutes read

A cidadanía fai un chamamento para que a clase política, sexan da cor que sexan, escoiten as demandas dos profesionais dos parques de bombeiros comarcais que levan moitos meses loitando por mellores condicións laborais. Unha cuestión a ter moi en conta, dado que antes ou despois repercuten directamente na vida dos cidadáns.

Para mostra, a persoa de 80 anos que tiveron que rescatar este venres os profesionais do parque de Cee, que por sorte estaba operativo. Esta persoa estaba tirada no chan da súa vivenda sen poder moverse dende as 9 da mañá. Unha vez pasada a alerta os Bombeiros de Cee desprazáronse de inmediato ao lugar e accederon á vivenda polo balcón dun segundo andar, así lograron desbloquear a porta principal para que os servizos sanitarios puidesen acceder a atender a persona necesitada, quenes despois de descendelo en cadeira polas escaleiras o trasladaron ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?