Os Bombeiros de Narón rescataron o corpo sen vida dunha muller do río Santa Cecilia

Unha persoa que percorría o paseo fluvial do río Santa Cecilia, en Xubia, foi a que atopou o corpo da persoa falecida e chamou o 112 Galicia. Pasaban das nove da noite deste venres cando informaron dos feitos a Emerxencias de Galicia. A partir dese momento activouse un operativo de rescate, un rescate que realizaron os Bombeiros de Narón. Contra as dez da noite, o corpo dunha muller que flotaba na auga do río foi recuperado e quedou baixo a custodia dos axentes da Policía Nacional ata a chegada dos servizos forenses. No operativo tamén colaboraron os axentes da Policía Local.

Related posts

A Garda Civil detén a un home como presunto autor dun delito de furto en Arteixo

O Concello de Cerceda presentou a IV edición da carreira solidaria ‘Os 11 das vías’

A Xunta asina un convenio para construir vivenda protexida en Santa Comba