Os bombeiros do parque provincial de Santa Comba foron requiridos na madrugada deste venres por unha limpeza de estrada na parroquia de Alborés, concretamente na estrada que vai desde a AC-400 ata o lugar de Alborés, no concello de Mazaricos.
O aviso produciuse ás 02:28 horas por parte do 112, indicando que no punto mencionado anteriormente había unha mancha pequena de aceite con restos de cristais tras un accidente no que se viu implicado un vehículo. Á chegada dos bombeiros ao lugar, o vehículo xa o levara a grúa polo que procederon ós labores de limpeza.
Intervención similar na Pobra do Caramiñal
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira realizaron tamén na madrugada deste venres labores de limpeza dunha mancha de aceite no cruzamento entre as rúas Díaz de Rábago e Fernández Varela, na parroquia de Caramecheiro, no concello da Pobra do Caramiñal.
Foi Protección Civil da Pobra do Caramiñal quen deu o aviso ás 00:50 horas, indicando que se producira unha mancha de aceite hidráulico tras a avaría dunha furgoneta. Os bombeiros procederon á retirada da mesma aplicando desengrasante e abundante auga. Protección Civil participou regulando o tráfico.